O Concello de Tui informa que as últimas analíticas da auga do abastecemento municipal, realizadas polo Consorcio do Louro nun laboratorio acreditado, reflicten xa valores completamente normais tanto en niveis de turbidez coma doutros parámetros, polo que volve a ser apta para beber.
Así o puxo en coñecemento do Concello de Tui esta mañá o Consorcio do Louro que se encarga da xestión integral da auga no municipio, logo de que as analíticas nos últimos días, realizadas en distintos puntos da rede de abastecemento, deran xa valores completamente normais, resultados que se desprenden tamén das mostras remitidas onte para a súa análise.
Por este motivo o Concello de Tui informa á poboación que a auga do abastecemento municipal é xa apta para beber. O Concello lamenta as molestias que a restrición realizada o pasado xoves na auga para beber puidera causar aos usuarios de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário