A empresa Sumyrent, situada no Cerquido, en Salceda de Caselas, fixo entrega hai uns días, a través do seu xerente, Luis Barros Blanco, dunha doazón de alimentos ao Concello de Tui.
Esta empresa, dedicada ao aluguer de maquinaria, doa un euro de cada operación para distintas causas benéficas a través de asociación e dos concellos... doando este mes o importe da súa doazón en alimentos aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui. A recepción desta achega fíxoa a concelleira de Servizos Sociais en funcións, Olga Montes, quen agradeceu e eloxiou a iniciativa de Sumyrent.
Sem comentários:
Enviar um comentário