Será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en www.culturatui.info
O Centro Dramático Galego, CDG, volve este venres a Tui para presentar a súa última montaxe “Xardín Suspenso”. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui.
A obra escrita por Abel Neves está dirixida por Cándido Pazó e interpretada por César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e
Ana Santos.
“Xardín Suspenso” conta unha historia de amor non correspondido entre unha xove arquitecta, Lucía, e Mateo. Ela decide construír un xardín zen, sen plantas nin árbores, na antiga casa dos seus pais e cando vai inauguralo Mateo anuncia que vai casar con outra muller. Entón Lucía desiste de comer; decide abandonarse disolvéndose na vida por inacción. En Xardín Suspenso ficamos suspendidos de todos os intentos que o resto das persoas implicadas fan para axudar a Lucía a saír do buraco que creou. Odio, amor, rabia, frustración, impotencia, medo, dúbida… son algunhas das emocións que desfilan por este xardín xaponés que, construído como un refuxio, vira nun labirinto onde se confrontan os personaxes, contrapoñendo razóns e emocións que descoñecen ou non entenden, nun diálogo de xordos.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário