Nestas obras e no arranxo de pavimentos investiranse máis de 409 mil euros do PUSIM
O Concello de Tui informa que nos próximos días comezarán a executarse tres obras no termo municipal ao abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014, PUSIM, da Deputación de Pontevedra.
Por unha banda vaise acometer o arranxo da tarima do Paseo Fluvial que foi adxudicado á empresa Construcciones Castro Figueiro S.L. cun orzamento total de 79.177,76€. O prazo de execución da obra será de 30 días. Tamén 30 días terá ORESA S.L. para as obras de mantemento e mellora de pavimentos no Concello de Tui cun orzamento de 228.875,37€. Por outra parte Construccións Obras e Viais S.A. COVSA disporá de quince días para levar a cabo a reposición do pavimento da N-550 en Guillarei cun orzamento de 101.206,75€. O investimento total nestas obras supera os 409 mil euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário