O arquivo Municipal de Tui, integrado por 120 libros datados entre os
século XVI e XIX serán dixitalizados grazas ao proxecto ARPAD,
Arquivo Dixital, Conservación do Patrimonio Documental e Eliminación
do Papel nas Relación Administrativas, do que forma parte o Concello
de Tui.
A
empresa Vinfra S.A. adxudicataria do contrato disporá dun prazo
máximo de 5 meses para dixitalizar 45.903 folios deste arquivo
municipal cun orzamento de 60 mil euros que serán aportados polo
Concello de Tui. Deste xeito o Concello disporá do seu arquivo
municipal en formato dixital, organizado nun ficheiro con metadatos
descritivos do documento e do fondo.
Sem comentários:
Enviar um comentário