O Concello de Tui impartirá no outono dous novos cursos ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra para os que mañá martes, 19 de maio, se abrirá o prazo de inscrición.
En concreto os cursos que se ofertan son de “Tapas, petiscos e canapés” que se celebrará do 21 de setembro ao 2 de outubro, de 9 a 13h; e “Acompañante de transporte escolar” que terá lugar do 19 ao 30 de outubro de 9 a 13h. Estas dúas actividades formativas terán un total de 40 horas lectivas.
Estes cursos van dirixidos a mozos e mozas de 16 a 35 anos que deberán presentar a súa solicitude no rexistro de entrada do Concello de Tui entre o 19 de maio e o 28 de xuño, ás 14h, acompañada do DNI e Tarxeta de Demandante de Emprego de ser o caso.
Haberá entre 15 e 25 prazas por curso, e no caso de presentarse máis de 25 solicitudes terán prioridade as persoas desempregadas de Tui, as persoas en activo, os desempregados doutros concello, persoas en activo doutros concello, e por último as persoas que non cumpran os requisitos de idade.
Sem comentários:
Enviar um comentário