A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, celebra esta fin de semana, sábado e domingo na Glorieta de Vigo, a súa Feira de Oportunidades den de ás doce do mediodía.
Lorena Martínez, tesoureira de ACITUI, explicaba que este tipo de feiras están dando moi bo resultado, destacando que na desta fin de semana haberá novidades con actividades paralelas.
Haberá 20 postos de comercios tudenses que ofrecerán prezos especiais nos seus produtos nunha ampla gama de artigos.
Como actividades paralelas haberá inchables tanto o sábado coma o domingo a partir das cinco e media da tarde. O sábado ás 17.30h actuará as pandereteiras Asdabadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas, ás 19.30h o grupo de gaitas de Valdeflores da Asociación Cultural Valdeflores de Baldráns. Amais haberá exhibicións de aerodanza ás 18 e ás 20.30h e tamén farán probas de slackline. Mentres o domingo ás 18:30 horas actuará o grupo de gaitas Lostregos da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário