Mañá sábado, 9 de maio, ás 18h terá lugar o descubrimento dunha placa en Paramos co gallo da recuperación do Cruceiro da Torta desaparecido nesta parroquia hai un ano.
A familia Varela encargou ao escultor Juan Manuel Rodríguez unha réplica do cruceiro desaparecido baseándose en fotografías do mesmo. Esta peza escultórica volverá colocarse no emprazamento que ocupaba no cruzamento entre a rúa que leva a igrexa coa estrada de Salceda.
Asistirán ao descubrimento da placa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, membros da familia Varela, e actuará o grupo de gaitas San Xoán de Paramos.
Sem comentários:
Enviar um comentário