Mañá venres, 15 de maio, ás 13.30h o Concello de Tui fará entrega das chaves dun local na planta baixa da antiga Escola de Chans en Randufe, a AFAGA, Asociación de Familiares do Alzheimer de Galicia, para levar cabo unha serie de accións que redundan na mellora da calidade de vida dos enfermos e as súas familias.
AFAGA poderá facer uso da planta baixa, de 110 m2 de superficie útil, mentres este espazo se atope sen uso.
Sem comentários:
Enviar um comentário