O Concello de Tui asinou recentemente coa Deputación de Pontevedra
un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto
“Depogap: Xestión de activos da provincia de Pontevedra”. O seu
principal obxectivo é dotar ao concello de información interna que
lle permita optimizar a xestión dos seus activos, amais de fomentar
a participación dos cidadáns na administración, e adquirir o
coñecemento necesario sobre eficiencia enerxética para diminuír o
gasto enerxético e o impacto ambiental. Perséguese así o uso
eficiente dos activos públicos coma edificios públicos,
instalacións polideportivas, centros sanitarios ou de ensino, vías
públicas, parques e xardíns, iluminación pública, contedores...
O
desenvolvemento do proxecto implica por unha banda realizar un
inventario dos activos municipais, elaborar un catálogo de normas e
procedementos de actuación para garantir a súa actualización
continua, amais da posta en marcha dunha plataforma tecnolóxica para
a xestión destes activos. Tamén inclúe probas piloto de eficiencia
enerxética e a realización dun plan de xestión do cambio mediante
a execución dun plan de comunicación, formación e dinamización.
Tamén se contempla fomentar a participación e a comunicación coa
cidadanía ao través dun portal e unha aplicación para dispositivos
móbiles.
Este
proxecto Depogap está cofinanciado nun 70% polo Ministerio de
Facenda e Administracións Públicas ao través de fondos FEDER.
Sem comentários:
Enviar um comentário