Será ás 8h dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo
Mañá mercores, a partir das 08.00 horas, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, ao carón do río Miño, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago.
Un total de 25 unidades, 12 da Brilat, 13 venidas de toda España e a unidade do corpo dos Marines de Estados Unidos, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela, realizando ao longo do percorrido sete probas, un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lerez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.
A proba rematará o venres 8 co acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, ás 11.00 horas, trala que asistirán á misa do Peregrino.
Sem comentários:
Enviar um comentário