O Mercado da Verdura volve abrir as portas do Cárcere Vello, situado no Casco Histórico tudense este sábado, dende as 10 horas ata as 19 horas.
Co gallo da xornada inaugural non só se porán á venda verduras, senón outros alimentos frescos dun grupo de produtores con selo Ecolóxico da comarca, que nos mostrarán diferentes produtos, como mel, lácteos, pan e pizzas ecolóxicas, que se elaborarán no momento, para ou ben levalas ou comelas no mesmo sitio.
Na apertura do Mercado tamén estará Plácido Castro Fernández, Médico especialista en Nutrición e Dietética, que nos falará da alimentación e saúde, e dos beneficios de incorporar á dieta produtos ecolóxicos sen aditivos. Segundo Plácido Castro, " unha gran maioría das enfermidades da nosa civilización están en directa relación coa forma de alimentarnos (diabete, obesidade, hipertensión arterial, alteracións do colesterol, caries dentais,...). Ademais, a nosa alimentación incide directamente no rendemento, xa que os produtos frescos nos dan máis enerxía. Esta charla terá lugar ás 12h.
Xa ás 16:30h, o produtor de mel ecolóxica, Xosé Manuel, ofrecerá un taller para os máis pequenos, "A Maleta das Abellas", que nos contará todo o proceso que fan as abellas para elaborar o mel.
Ademais das charlas e talleres, esta Feira de produtores Ecolóxicos estará acompañada dun grupo de músicos de alumnos de gaita e percusión do Conservatorio de Tui, dirixidos polo profesor Eduardo Rodríguez Sobrino.
Este Mercado da Verdura está organizado pola Concellería do Casco Histórica do Concello de Tui, a APEGA (Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos) e Foro Tvde.

Sem comentários:
Enviar um comentário