sexta-feira, 18 de setembro de 2015

Dezaseis postos de artesanía e gastronomía amosarán os seus produtos na IV Festa do Pracer

As Prazas do Pracer e da Estrela, xunto co Paseo Fluvial de Tui, vestiranse de gala para acoller a IV Festa do Pracer este domingo. O folclore, o circo e maila música, xunto con oito postos de artesanía e outros tantos de gastronomía e exhibición de oficios antigos, daranse cita nun singular enclave.
 Amenizarán a xornada grupos folclóricos da terra, espectáculo do circo e exhibición de oficios antigos
Os asistentes poderán degustar a prezos populares arroces, empanadas, piquillos recheos ou filloas elaboradas por restaurantes da cidade
Ás 12h será a inauguración da Festa co Grupo Folclórico de Santa Columba na Praza do Pracer. Unha hora despois, ás 13h. Actuación no mesmo enclave de Cé Orquestra Pantasma. Home Orquestra. Á unha do mediodía comezará a festa gastronómica na Praza da Estrela.
Xa pola tarde, ás 16h, actuación do grupo folclórico San Xoán de Paramos na Praza do Pracer. Pola súa banda, ás 17h. o Circo Chosco, Chosco Voando estará no Paseo Fluvial. Unha hora despois, ás 18h. o grupo tradicional de Seixos Albos de Areas estará na Praza do Pracer. Para rematar, na mesma praza, ás 19h. rematará a festa o grupo de folk tradicional Pelepau-Fío de Agulla. 
Aparte das actuacións, os artesáns amosarán en directo como crean pezas de  cestería ou cerámica. Por outra banda, os postos de gastronomía de "Remesal", restaurante do "Parador de Tui", "Pizzería di Marco" e "Viños e Tapas, xunto con cociñeiros da zona, porán á venda a prezos populares, entre 2,5€ e 5€, tapas de arroces, empanadas, tortilla, hamburguesas, fajitas vexetais, piquillos recheos, pan doce e salgado ou xamón asado. Tamén haberá á venda sobremesas coma filloas recheas. No caso de chuvia, a IV Festa do Pracer quedará aprazada.

Sem comentários:

Enviar um comentário