Os usuarios que teñan problemas no sinal, poderán chamar gratis ó teléfono 900 833 999 ou dirixirse a www.llega800.es
Os labores de arranxo da instalación non suporán un custe para o usuario afectado
Xoves, 17 de setembro de 2015. O Concello de Tui, en comunicado de prensa, informa que a chegada do 4G á cidade pode afectar á recepción do sinal das canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Debido a este problema, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar os erros na recepción, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a solución gratuíta.
Para solucionar as afectacións que poden aparecer en Tui, o Ministerio de Industria pon á disposición da poboación dun teléfono de atención gratuíto, o 900 833 999 e unha páxina web, www.llega800.es á cal poden acudir todos os usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións.
Unha vez recibida a notificación da afectación por parte dos usuarios de TDT, un técnico cualificado desprazarase alí onde se detectara o problema e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarios totalmente de balde.
A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias de 800 MHz, anteriormente utilizada pola TDT, permite ofrecer as mellores prestacións sobre esta tecnoloxía, ofrecendo unha mellor cobertura en interiores e extensión de cobertura posible.
Sem comentários:
Enviar um comentário