A proxección do filme farase este venres 2 de outubro ás 20h no Teatro Municipal
Este venres comeza a programación de "Outono no Teatro" cunha proxección infantil no Teatro Municipal de Tui. Maimiño conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e lánzase á cidade xunto aos seus irmáns. Alí danse conta de que un enorme carballo encantado ten ao palacio do rei na escuridade e sen auga, e que o soberano prometeu conceder o título de marqués e dar á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen logre cortar a árbore e abrir un pozo.
Maimiño está baseado no conto clásico de Polgariño, e na versión libre que sobre este escribiu o gran autor cubano José Martí. Estreouse por vez primeira en Cuba en xullo de 2014, e converteuse con rapidez na película máis taquilleira da historia da illa caribeña. Nos cines galegos e españois, a estrea en salas comerciais celebrouse o 8 de maio de 2015, e o filme logrou permanecer ata sete semanas en carteleira.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h ata as 20.00h no despacho de billetes ó prezo de 3,5€ e 2,5€ (prezo reducido).
Maimiño de Ficción Producciones
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 2 de outubro, ás 20h
Xénero: Cinema Infantil
Duración: 78 minutos
Sem comentários:
Enviar um comentário