Mañá venres 25 ás 18:00 h., celebrarase na Biblioteca Municipal de Tui unha sesión de contacontos de balde da man do colectivo Polo Correo do Vento. A súa actuación centrarase no conto ''En Macondo non deixaba de chover'', homenaxe ó escritor Gabriel García Márquez. O relato desenvólvese na vila de Macondo, onde leva un ano sen parar de chover, ata que un día chega un pintor máxico que pode debuxar os soños da xente.
“En Macondo non deixaba de chover” forma parte dunha serie de contos-homenaxe a escritores admirados por todos e todas como Valle Inclán, Italo Calvino ou Blanco Amor. Esta actividade está pensada para o público máis novo, co fin de promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e da expresión artística das nenas e nenos.
Neste eido, Polo Correo do Vento leva xa feito un longo percorrido en multitude de Centros de Ensino, Bibliotecas, Museos, ou Centros Socioculturais. A maior parte dos seus traballos teñen lugar en Galicia aínda que tamén levaron os seus debuxos e contos a outros países coma República Dominicana, Portugal, Arxentina e Uruguai.
Sem comentários:
Enviar um comentário