O próximo o día 3 de outubro, saíndo ás 8:00 do Centro Interfederado e as 8:30 do alto do monte Aloia(na entrada da capela), organizamos a ruta do Monte Aloia ó Galiñeiro.
Un paseo de 18 quilómetros de dificultade media, onde veremos a parte Noroeste do parque natural do monte Aloia.
Saída ás 8:30 e contamos con voltar ás 13:00 ó punto de saída.
Participa con nós e fai o que máis recomendan os médicos, camiñar.
pasa unha mañán diferente ó mesmo tempo que fas deporte e coñeces o noso entorno e a beleza dos noso montes.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário