Un total de 138 participantes realizarán a actividade de patinaxe durante a tempada 2015-2016, que comezará o próximo luns 5 de outubro, nunha nova instalación, no pavillón do CEIP de Rebordáns.
Nesta actividade gratuíta, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, coa coordinación do Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe, volverá contar cos monitores do Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui e participarán todas as nenas e nenos, mozos e mozas, que entregaron a solicitude no período de inscrición.
Sem comentários:
Enviar um comentário