O xefe territorial de Cultura e Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra co equipo de Goberno do concello de Tui para analizar as demandas de mellora nos centros educativos da localidade.
Na reunión estivo presente o alcalde da localidade, Enrique Cabaleiro, o concelleiro Miguel Capón e a concelleira de Educación, María José González, así como membros da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.
Entre as demandas presentadas polo concello de Tui se atopa a necesidade da execución dun novo colexio en Pazos de Reis, toda vez que o municipio adquiriu xa un terreo para a construción do mesmo que poría a disposición da administración autonómica.
O actual colexio de Pazos de Reis se atopa ubicado nun edificio propiedade dunha entidade menor. "Somos conscientes da situación deste centro, polo que daremos traslado da demanda do concello ao conselleiro de Educación, unha vez que sexa remitida formalmente polo concello", explicou Pérez Ares.
A maiores, durante a reunión tamén se analizou a necesidade de mellora da cuberta do CEIP de Rebordáns. Neste senso, o xefe territorial informou a Enrique Cabaleiro que proximamente visitarán o centro os técnicos do departamento de Educación co obxectivo de avaliar a situación do tellado e o custo da obra.
O encontro foi calificado por ambas partes de cordial, e durante o mesmo acordouse manter o mesmo grado de colaboración que xa existía coa anterior corporación, co obxectivo de seguir a acometer melloras nos centros de Primaria da localidade, aportando a financiación das mesmas a Xunta e a mano de obra o concello.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário