Mañá mércores día 23 de setembro, ás 12 do mediodía, a concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui convoca ós medios para a presentación do programa de actividades dirixidas a enfermos de Alzheimer e ás súas familias.
A presentación terá lugar no Centro de atención a persoas con Alzheimer, na antiga Escola de Chans de Randufe. Acudirán á mesma o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais de Tui, Laureano Alonso e Juan Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Familiares de Alzheimer de Galicia.
Presentación do programa de actividades do Centro de persoas con Alzheimer de Randufe
Día e hora: Mércores 23 de setembro ás 12 do mediodía
Lugar: Centro de Atención de persoas con Alzheimer na antiga Escola de Chans en Randufe
Sem comentários:
Enviar um comentário