Mércores e tamén durante o xoves, o Consorcio de Augas do Louro iniciará a primeira das tarefas encamiñadas a mellorar a calidade e a subministración de auga potable á poboación de Tui.
Os traballos consistirán na renovación dunha das dúas redutoras de presión xerais que regulan o abastecemento ao núcleo urbano de Tui. Tamén se purgará a rede de abastecemento para eliminar a turbidez acumulada nas tubaxes.
Como consecuencia produciranse pequenos cortes de subministración que afectarán principalmente á Avenida da Concordia e que poderán provocar episodios de turbidez na r/Calzada, r/Cóengo Valiño e o casco antigo de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário