A cooperativa “Mister Shop”, formada polos alumnos do CEIP Nº1 de Tui, realizarou onte a súa primeira venda ao público na Praza da Inmaculada de Tui dentro do programa “Emprender na miña escola EME Cooperativa” da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia”.
Á cita acudiron Miguel Panette Fernández, respresentante do proxecto EME da Deputación de Pontevedra, Olga Montes, concelleira de Mercados do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, concelleira de Educación de Tui e o director e titores do CEIP Nº1.
O programa busca difundir a cultura emprendedora entre o alumnado de primaria dos centros educativos da provincia coa creación e xestión dunha cooperativa escolar, na que os alumnos levan a cabo as tarefas de fabricación de produtos, etiquetado e envasado, política de prezos, organización e deseño do punto de venda, así coma a preparación do mercado e solicitude de permiso, que onte lle era entregado aos escolares da cooperaiva “Mister Shop” do CEIP Nº1 de Tui na propia Praza da Inmaculada.
Co fin de desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores entre o alumnado, a participación na creación dunha cooperativa facilita a súa integración social de xeito máis eficaz e satisfactoria á vez que favorece o desenvolvemento de competencias básicas coma a comunicación lingüística, matemáticas, interacción co mundo físico ou autonomía e iniciativa persoal.
Sem comentários:
Enviar um comentário