quinta-feira, 19 de junho de 2014

III RECITAL DE XÓVENES MÚSICOS – TRISQUEL E MEDULIO

Esperamos a vosa asistencia ó III Recital de Xovenes Músicos - Trisquel e Medulio que organiza e patrocina esta Asoc. Cultural, coa colaboración do Concello de Tui, dende a súa Concellería de Cultura, o
Cabildo Catedralicio, Amigos da Catedral e outras intitucións como son: a Escola Profissional Artística do Vale do Ave “ARTAVE” (Portugal) e a Escola de Música e Conservatorio Profesional de Música de Tui, que participan ou participaron na formación destes xóvenes valores, sen esquecer a colaboracións individuais que hoxe fan posible esta velada musical, que terá lugar o próximo domingo día 22 de xuño ás 19,00 horas, na Igrexa de San Domingos de Tui.
Non imos descubrir os atributos de interés da vella Tide, que tennos dabondo e coñecidos, pero si  lembrarlles que pode resultar agradabel e intersante, a visita ó belido entorno do antigo lugar do rastrillo,
barrio que hoxe toma o nome da igrexa onde ten lugar este concerto, e que tan vinculado estivo no pasado á actividade fluvial, tanto á pesca como ó tráfego de mercancías de Galicia con Portugal e viciversa, nas barcas que atracaban nos portos existentes nas dúas beiras miñotas.
Esta igrexa da orden dominicana, que veu sustituir a antiga adicada a San Xoan de Porto, está adosada ó antigo convento da mesma orden.
Posúe retábulos de gran interés artístico, sendo de destacar a singularidade do da Nosa Señora do Rosario, coñecido popularmente como “O Altar de Lepanto”. A imaxinería de excelente factura, expléndidos
capiteis, profusión de signos lapìdarios no interior e exterior, etc, e nela repousan os restos de de boa parte da antiga nobleza tudense.
De boa acústica, será un marco axeitado para o concerto que nos ofrecerán estes xóvenes músicos, no que nos achegarán a obras de gran calidade de afamados compositores, sendo algunhas dun elevado grao de
execución.
Entre as obras que imos a escoitar queremos salientar as do pianista e compositor, veciño de Tui, case que Tudense de adopción, o lituano Karolis Biveinis.
O rematar, visiten a cidade antiga. Fagan unha paseata devagariño polas vellas rúas desta cidade milenaria. Cidade á que o amigo, mestre, escritor, historiador... xa falecido, o tudense Pedro Díaz Álvarez (*) que un día de saudade, pouco antes de deixarnos definitivamente, agasalloume cunha fermosa e inesquecibel cita: “Tui, é unha cidade gloriosamente pequena”.

Sem comentários:

Enviar um comentário