domingo, 15 de junho de 2014

Tui Gaña Copa Deputación de Pontevedra en Baloncesto

 Despois de proclamarse campión da Copa Vigo a semana pasada, o equipo infantil masculino C.B. TUI ARTE PIZZA volve darnos outra alegría, xa que ven de gañar a COPA DEPUTACIÓN de PONTEVEDRA. Final na que se enfrontaron o gañador da Copa Arousa, C.B. Marín Peixegalego "A", logrando os tudenses un contundente resultado de 74 a 37.
Dende o Club Baloncesto Tui, de novo, volvemos felicitar os xogadores e o seu adestrador Ismael Sández por este importante título para a canteira do C.B. Tui, rematando así unha fantástica tempada.

Sem comentários:

Enviar um comentário