A Eurocidade Tui-Valença participou onte á tarde na Conferencia Internacional de Turismo en Porto
Mércores, 18 de xuño de 2014. A Eurocidade Tui-Valença participou na tarde de onte en Leça de Palmeira, Porto, na Conferencia Internacional de Turismo organizada polo ISAG, Instituto Superior de Administração e Gestão. En distintos relatorios, abordouse o papel dos axentes económicos, políticos e académicos no turismo, e se puxo relevo amais os produtos turísticos no marco da Eurorrexión.
A presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e do vareador de Cultura de Valença, José Monte, enmarcouse no tema “O potencial do turismo nas Eurocidades” no que tamén participaron os responsables das Eurocidades Verín-Chaves e Vila Real de Santo Antonio-Ayamonte-Castro Marim.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou coma a promoción turística da Eurocidade Tui-Valença, dota aos dous municipios dunha maior proxección que a que poderían contar cada un por separado. Referiuse así as accións desenvolvidas nas feiras de turismo tanto en Madrid coma en Lisboa ás que a Eurocidade ten acudido nos últimos anos ou a publicación da guía de Eurocidade. O rexedor tudense aludiu a gran potencialidade que Tui e Valença teñen co conxunto histórico tudense e a fortaleza valenciana. Aos atractivos patrimoniais dos dous municipios súmanse a oferta de actividades de lecer, a gastronomía,... Aportou Moisés Rodríguez datos sobre o incremento no número de consultas realizadas na Oficina Municipal de Turismo de Tui con respecto a anos anteriores, e deu conta da importancia cada vez maior que cobra o Camiño Portugués a Santiago. Nese senso explicou que o ano pasado iniciaron na Eurocidade o seu camiño 13.774 peregrinos, mentres que no que vai deste ano xa o fixeron 3.300 unha cifra xa superior a rexistrada no mesmo período de 2013.
Sem comentários:
Enviar um comentário