Este domingo celébrase o II Gran Premio Master Cidade de Tui organizado polo Club Ciclista de la Fuente, en colaboración co Concello de Tui.
A saída está prevista ás 11.30h dende o Paseo da Corredoira a onde regresarán os ciclistas tras un percorrido de 80 quilómetros ata A Guarda, Baiona, San Antoniño e Tui, no que está previsto que invistan dúas horas.
Esta proba foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e outros membros do equipo
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou o atractivo turístico que ten o percorrido deste Gran Premio así coma o espectacular que resulta para o público. Agradeceu o bo traballo do club organizador, no que dicía reside parte do seu éxito.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, lembrou o bo sabor de boca que deixou a primeira edición desta competición celebrada o ano pasado. Ao tempo quixo agradecer o gran traballo realizado polo Club Ciclista de la Fuente na promoción da bicicleta. Nese senso explicou que o traballo conxunto dos distintos clubs ciclistas da cidade fará de Tui o epicentro do mundo da bicicleta. Salientou amais que nas últimas probas deste deporte celebrada en Tui se deron cita máis de 2 mil deportistas, cifra que agardan incrementar ata os 3 mil participantes coa proba deste domingo e o medio ironman que terá lugar en agosto.
Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que na primeira edición en 2013 reuniron a 168 corredores master, sendo a proba máis numerosa destas características celebra en Galicia. Os participantes chegarán de toda Galicia, Portugal, Asturias e posiblemente tamén dende Castela e León. Terán que realizar a inscrición o propio domingo na cafetería El Cielo no Paseo da Corredoira. Avanzou tamén que este domingo ás 14.15h, de forma previa á entrega de trofeos deste Gran Premio, o Club Ciclista de la Fuente vai recibir o maillot e medallas tras gañar por equipos a contrareloxo galega.
Sem comentários:
Enviar um comentário