O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitou onte á maña, xunto ao delegado provincial de Educación, César Pérez Ares e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o Instituto de Educación Secundaria San Paio co motivo da aprobación da reforma da instalación eléctrica que se vai a levar a cabo de inmediato, en canto remate este curso escolar.
Cunha inversión de 60.000 euros, a reforma permitirá un 40% de aforro enerxético así coma a redución da contaminación lumínica. A reforma das instalacións eléctricas proporcionará asemade unha mellor seguridade coa modernización dos interruptores precisos polo avance das novas tecnoloxías. Asemade, por petición do propio centro IES San Paio, vaise levar a cabo unha mellora da líña de datos para o mellor funcionamento de Internet no centro, que conta con preto de 250 ordenadores así coma pizarras dixitais.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradecía ao delegado territorial José Manuel Cores Tourís, a colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Tui neste proxecto xa que, en palabras do alcalde de Tui” a inversión en educación é unha prioridade para a corporación municipal”. Así mesmo salientaba o gran beneficio desta reforma da instalación eléctrica do centro educativo xa que repercutirá nun importante aforro na factura final.
Por outra banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, lembrara o compromiso da Xunta cos centros educativos, nos que desde o ano 2009 levan investindo, chegando á suma total dos 800.000 euros nos Centros Educativos de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário