O Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrece durante toda a vindeira semana concertos e aducións coma parte do calendario de actividades programadas para os últimos meses do curso.
O vindeiro luns, 2 de xuño, a Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Tui acolle unha audición dos alumnos do centro ás 21h sendo a entrada gratuíta ata encher aforamento.
O resto da semana as citas serán ás 20h, todas gratuítas ata completar aforamento. O martes a xornada estará protagonizada polos coros cun concerto do Coro IES Val do Tea de Ponteareas e do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Tui . O mércores a cita será na Praza da Inmaculada coa actuación dos alumnos de gaita da Escola Municipal e do Conservatorio Profesional de Música de Tui englobado dentro do programa de actividades do Bicentenario do nacemento do Pai Salvado. Asemade haberá colaboracións de alumnos das especialidades de piano, acordeón, guitarra eléctrica e percusión.En caso de choiva trasladarase á Sala de Audicións do Conservatorio.
O xoves, 5 de xuño, na mesma Praza de Inmaculada terá lugar outro concerto do programa do Bicentenario do nacemento do Pai Salvado coa actuación da Orquestra de Vento e Percusión do Conservatorio de Tui. No caso de condicións meteorolóxicas adversas o concerto será na Igrexa de Santo Domingo.
O venres a Igrexa de Santo Domingo acollerá o derradeiro concerto da semana a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio coa participación de artistas convidados.
Sem comentários:
Enviar um comentário