O equipo alevín do Tyde F.C. viaxará este xoves á localidade de Versmold, en Alemaña, onde de venres a domingo disputará o Torneo U11 Champions Cup xunto a equipos alemáns, polacos e serbios. A participación do equipo tudense nesta competición xorde do irmanamento entre Tui e Versmold.
O equipo do Tyde, xunto ao presidente Jesús González, o coordinador José Manuel Quintana, e os adestradores Toni Bugarín e Marcos Salvado, foron recibidos na tarde de onte no Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e o concelleiro José Ángel Villaverde.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou que esta viaxe será unha bonita experiencia para estes xoves xogadores. Apuntou que o deporte é tamén un piar fundamental para establecer relacións, neste caso entre dous países. E lembrou coma o importante é facer deporte pero tamén formarse coma persoas. Por último desexoulles éxito neste torneo, e avanzou que están a realizar xestións para mellorar o campo exterior das instalacións municipais.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, desexou aos cativos que disfruten desta experiencia inesquecible, felicitando a Jesús González e ao seu equipo polo traballo que levan realizando nos últimos anos.
Pola súa parte o presidente do Tyde F.C., Jesús González, agradeceu ao Concello o seu apoio para acudir a esta cita ao ter aportado a equipaxe dos xogadores.
Sem comentários:
Enviar um comentário