O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como deputado provincial fixo entrega no día de onte dunha subvención por importe de 1.862 euros á Asociación Acolle para a realización dun proxecto de Mantemento da Actividade de Musicoterapia a realizar na Residencia Paz y Bien en Tui. O alcalde entregou a subvención á voceira de Acolle, Elena María de Saa, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes.
Esta achega da Deputación Provincial forma parte das subvencións dirixidas a entidades de Iniciativa Social no marco da prestación de Servizos Sociais de Atención Especializada, que se leva a cabo dende o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da institución provincial.
Acolle é a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social. A Residencia Paz y Bien, situada na rúa Sarabia de Tui, é unha das once residencias ou centros galegos que integran Acolle.
Sem comentários:
Enviar um comentário