Unha trintena de veciños de Versmold – localidade coa que Tui está irmanada, e de Steinhagen, Halle e Düsseldorf inician mañá dende Tui o Camiño Portugués a Santiago que completarán en cinco etapas.
Estes peregrinos alemáns aproveitaron a súa estadía en Tui para coñecer un pouco máis a cidade. Esta mañá visitaron a Catedral de Tui e o Conxunto Histórico, e esta tarde achegaranse ata Valença onde percorrerán a fortaleza. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, achegouse esta mañá ata Praza de San Fernando para darlle á benvida á cidade e desexarlles un bo camiño. O rexedor sinalou como o acordo de irmandade entre Tui e Versmold está a dar os seus froitos coma esta visita de peregrinos, a que se sumarán outros grupos nas próxima semanas, ou a participación do Tyde F.C. alevín nun torneo na cidade alemá na fin de semana.
Sem comentários:
Enviar um comentário