sábado, 10 de outubro de 2015

O Concello de Tui colaborará con Baixo Miño Formación para a realización de prácticas formativas

O Concello de Tui subscribiu o 2 de outubro un convenio de colaboración coa entidade BAIXO MIÑO FORMACIÓN SL, empresa domiciliada en Tui e dedicada á formación en aspectos diversos, entre eles a impartición de cursos de Formación Profesional Ocupacional debidamente acreditados pola Xunta de Galicia.
O Convenio comprende a colaboración do Concello na realización dun período de prácticas nas dependencias municipais (entre elas, a Biblioteca Municipal, o arquivo, o rexistro e Centro de Formación Municipal) de seis alumnos do curso de F.P.O. de "operación de gravación e tratamentos de datos". 
Coa sinatura deste convenio, os alumnos poderán conseguir unha mellor cualificación profesional a través do coñecemento directo do ambiente real do mundo do traballo e facilitar así a súa mellor incorporación ó mercado laboral.

Sem comentários:

Enviar um comentário