Clasificouse directamente para o Campionato de España que se disputará do 12 ao 19 de xuño en Lugo
O Club Baloncesto Tui participará no Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino, que se celebrará no mes de xuño, entre os días 12 e 19, ao proclamarse campión da Liga Galega Infantil.
O equipo formado por Jorge Lampón, Alejandro, Jens, Joel, Pablo Morais, Jorge Prieto, Pau, Raul e Tilaye, e adestrado por Larry e Javi Niño, gañaron o seu penúltimo partido no Barco de Valdeorras, acadando o campionato a falla dunha xornada por xogar.
O Concello de Tui felicita aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Baloncesto Tui, por este éxito acadado e pola súa clasificación no Campionato de España infantil masculino.
Sem comentários:
Enviar um comentário