O Concello de Tui vén de habilitar un novo aparcamento no centro urbano, co que se amplía o espazo de estacionamento. Esta zona, situada na entrada traseira do Colexio Maristas Santa María vai sobre todo dirixida aos pais do alumnado deste centro educativo. Trátase dun aparcamento público e gratuíto que se suma aos postos en marcha, grazas ao acordo cos propietarios dos terreos, na rúa Coengo Valiño e no comezo da mesma rúa Maristas.
Amais proximamente tamén se vai habilitar outra zona de estacionamento na Avenida da Concordia para dar resposta ás necesidades de aparcamento tanto do CEIP nº2 coma do IES Indalecio Pérez Tizón e do Conservatorio e a Escola de Música.
Sem comentários:
Enviar um comentário