Este mércores, 5 de outubro, ás 19h na Aula CeMIT na Área Panorámica comezará o curso de adestrador básico de fútbol UEFA B, organizado pola escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui. No mesmo está xa inscritos unha véntena de persoas, estando aberta a matrícula aínda ata a próxima semana polo que os interesados poden achegarse este mércores ata a Aula CeMIT.
A presentación do curso tivo lugar esta mañá na casa do concello de Tui a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director da escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, así como José Luis Mosquera, responsable da escola na zona do Baixo Miño.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa satisfacción polo inicio deste curso na cidade ofrecendo o apoio do concello para ser sede permanente das actividades formativas da Federación Galega de Fútbol. Salientou o rexedor que Tui é un referente en instalacións e práctica deportiva e agora tamén en formación no ámbito dos deportes. Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou a realización deste curso de monitor de fútbol UEFA B en Tui tras os cursos de monitor de fútbol base impartidos con anterioridade, agardando que no futuro se sigan a celebrar estas actividades formativas.
O director da escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, agradeceu ao Concello de Tui a colaboración para a celebración destas actividades amosando o interese da súa federación en que Tui poida ser sede permanente dos mesmos. Mentres como José Luis Mosquera, responsable da escola na zona do Baixo Miño destacou o axeitado das instalacións onde ten lugar o curso así coma a cualificación do profesorado que impartirá as clases.
O curso de adestrador básico de fútbol UEFA B celebrarase os luns e mércores de 19.30h a 22.30h na Aula CeMIT na Área Panorámica contando cun total de 300 horas teórico-prácticas. O prezo do curso é de 900€, tendo un desconto de 150€ os que con anterioridade realizou o curso de monitor de fútbol base. Tras rematar o curso os alumnos que superen esta formación poderán adestrar en calquera país da Unión Europea.
Sem comentários:
Enviar um comentário