quinta-feira, 2 de junho de 2011

ACTO ACADÉMICO DE CLAUSURA DE CURSO DA AULA DA UNED DE TUI


Cunha ponencia de Victor Fernández Freixanes este venres ás 19,00 horas
O venres 3 de xuño de 2011 terá lugar no Salón de Actos da Aula da Uned de Tui o acto académico de clausura do primeiro curso de funcionamento deste Aula de ensino superior na nosa cidade. Nesta sesión se contará coa presenza da directora do Centro Asociado da Uned de Pontevedra, Beatriz Rodríguez López, a coordinadora da Aula da Uned de Tui, Margarita Pino Juste e o Alcalde de Tui en funcións, Antonio Feliciano Fernández Rocha.
Este acto académico dará comezo ás 19,00 horas e xunto aos discursos protocolarios e a intervención dun representante dos alumnos e a correspondente entrega de diplomas pronunciará a lección de clausura o escritor e director da Editorial Galaxia, Victor Fernández Freixanes, titulada: “Os nomes das cousas. A importancia da lectura na era dixital”.
Para o Concello de Tui, en palabras do concelleiro de cultura en funcións Moisés Rodríguez Pérez, resulta unha grande satisfacción a celebración deste acto de clausura do primeiro curso de funcionamento da Aula da Uned tudense que testemuña a importante aposta do Concello de Tui pola educación, pola promoción da formación dos nosos cidadáns. Cómpre salientar que este centro educativo de ensino superior, de momento cinguido ao curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos, é una importante instrumento que o Concello oferta ao veciños de Tui e a súa comarca para mellorar a súa formación académica e cultural.
Resalta tamén Rodríguez Pérez o esforzo desenvolvido ao longo do curso por este Aula da Uned que amáis de ofrecer o ensino regrado promoveu outras accións como o ciclo de conferencias, os dous cursos da Uned Senior (de inglés e patrimonio Tui e Valença) e a organización do Seminario Internacional sobre os 125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño. Un fecundo labor que evidencia o dinamismo deste centro e a importante e intensa actividade despregada.

Sem comentários:

Enviar um comentário