quarta-feira, 22 de junho de 2011

Primeiras reunións do novo Concelleiro de deportes do Concello de Tui cos representantes do deporte tudense


A primeira hora da tarde de onte, no Salón de Concelleiros do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo Montes quixo ter a súa primeira reunión como Concelleiro de Deportes co Enrique Miguez e Jose Ignacio Bugarín, dous dos deportistas máis laureados de Tui, como recoñecemento á súa traxectoria no deporte tudense. Lembrar que Enrique Miguez participou en 8 campionatos do mundo e tres Olimpiadas (Los Ángeles 84, Seul 88 e Barcelona 92), acadando a medalla de bronce nas primeiras Olimpiadas e José Ignacio Bugarín foi Subcampeón do Mundo de Remo e participou nas Olimpiadas de Barcelona 92. Nesta reunión intercambiáronse impresións sobre o estado actual do deporte na cidade, así como as posibles necesidades que os clubs demandan do Concello.
A continuación, xa no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo mantívose unha reunión cos representantes dos clubs deportivos do Concello de Tui, onde o novo Concelleiro explicou as liñas de traballo que quérense seguir durante os seguintes catro anos, entre as que destaca o manteno do apoio institucional aos clubs, aumento na transparencia das subvencións deportivas, creación dunha regulamentación no uso das instalacións do Concello e a mellora do mantemento desas instalacións. 
Na súa intervención agradeceu o traballo que realizan os clubs deportivos co deporte base tudense e remarcou que será unha prioridade do departamento de deportes o apoio aos máis cativos.
Ao rematar a reunión, tanto Nicolás Lorenzo, coma o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, que agradeceu a presenza de tódolos clubs, trasladáronse ata o aeroporto de Vigo para recibir a José Luís Bouza, padexeiro do Kayak Tudense, que acadou a medalla de prata na categoría C1 5.000 metros e bronce en C1 1.000 metros do Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas que se celebrou en Belgrado a pasada fin de semana.

Sem comentários:

Enviar um comentário