Esta mañá visitou o Concello de Tui o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, D. José Manuel Cores Touris, quen foi recibido polo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado por diversos membros do equipo de goberno municipal.
No decurso do encontro mantido entre o mandatario tudense e o delegado territorial, o Alcalde de Tui expúxolle os principias temas de interese para o Concello tudense no ámbito de competencias da Xunta de Galicia e dos que posteriormente informaron nunca rolda de prensa conxunta.
Moisés Rodríguez comentoulle o interese municipal pola creación do “Centro de Interpretación do conxunto histórico” a ubicar no edificio do “carcere vello” e do que xa se está tratando coa Consellería de Cultura e Turismo. Foron prantexados outros temas como a Estrada Tui – Salvaterra, no seu tramo de Guillarei con especial incidencia na construcción dunha rotonda de acceso á Veiga do Louro e Praia de Areeiros; a segunda fase de asfaltado na estrada Tui – Gondomar; a inmediata licitación do Centro de Saúde, xunto con outros catro máis en toda Galicia; Escola Infantil e Centro de Día como servizos necesarios no noso concello; un vehículo de incendios adaptado para o conxunto histórico, ofrecendo o alcalde unha achega municipal; o proxecto de mellora da ETAP de Tui, que abastece de auga potable ao Baixo Miño e que precisa unha obra para lograr que a auga chegue a zona onde na actualidade non acada suficiente presión, na épocas de maior consumo; e, finalmente, a construcción dun depósito de auga en Caldelas para garantir o subministro ao barrio do Monte.
Sobre estes dous últimos aspectos o Delegado Territorial amosou o seu interese e que por tratarse de obra dun investimento asumible que espera se poidan executar nun prazo razoablemente curto. Igualmente receptivo amosouse sobre o vehículos de incendios, agradecendo o interese do Concello neste tema así como os demais asuntos prantexados polo goberno municipal tudense que trasladará aos correspondentes organismos da Xunta de Galicia.
Tamén na súa intervención Cores Touris anunciou que a Xunta de Galicia a través do Planes de Cooperación ten aprobado unha achega cercana aos 400.000 euros para a contratación de 39 traballadores no Concello de Tui, entre eles o Grupo Municipal de Intervención Rápida, evidenciando o apoio da administración autonómica ao Concello tudense.
Esta visita do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra enmarcase nunca rolda de visitas que realiza nestas días aos 13 novos alcaldes que tomaron posesión no pasado 11 de xuño para manter un primeiro encontro e intercambio de opinións de cara á necesaria colaboración que ten de existir entre ambas administracións.
O Alcalde de Tui agradeceu ao Delegado Territorial esta visita e a súa receptividade as peticións formuladas por este Concello tudense xa co anterior goberno municipal confiando se consolide e incremente nesta nova etapa.
Sem comentários:
Enviar um comentário