sábado, 25 de junho de 2011

O Concello entrega unha placa a José Luís Bouza, Diego Piña e Víctor Rodríguez tras a súa participación no Europeo de Piragüismo


O Concello de Tui recoñeceu onte publicamente unha placa ao mérito deportivo de José Luís Bouza, Diego Piña e Víctor Rodríguez tras a súa participación na fin de semana no Campionato de Europa de Piragüismo.  No salón de sesións foron recibidos os padeeiros, xunto ao outros membros do club Kaiak Tudense polo alcalde, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, así coma polos edís Jose Angel Villaverde e Olga Montes, e polo concelleiro do BNG Laureano Alonso.
Nicolás Lorenzo, coma edil de deportes, manifestou que é unha honra  e satisfacción comezar no cargo recibindo a un dobre medallista, en referencia a Bouza,  e aos seus compañeiros que chegaron ás semifinais do Europeo.
Pola súa parte o alcalde, Moisés Rodríguez, sinalou que foi unha experiencia inesquecible acudir ao aeroporto xunto ao concelleiro de Deportes para recibir a estes tres padeeiros que participaron no Europeo. Engadía que é importante que a cidade de Tui volva apoiar e pór en valor o traballo e esforzo destes deportistas. Expuña tamén que o Concello ten a necesidade de valorar o esforzo destes deportistas, e anunciaba que a través da Concellería de Deportes tentarán corrixir que os deportistas teñan que adiantar dos seus petos os cartos para ir ás competicións.
Remataba afirmando que Tui está acostumada a recibir éxitos, apuntando que estes éxitos teñen tamén a importancia engadida de  levar o nome de Tui. O obxectivo, dicía,  é que o deporte en Tui sexa un referente do mesmo xeito que o é na cultura. Comprometíanse a facer o posible para estar o 13 de agosto en Verducido onde José Luís Bouza se medirá con David Cal para buscar praza no Mundial.
A continuación facían entrega dunha placa conmemorativa a Jose Luis bouza pola medalla de prata e bronce lograda no Europeo, e a Diego Piña pola súa presenza neste campionato. Non puido recoller a súa placa Víctor Rodríguez polo falecemento dun familiar, polo que foi Esteban Alonso, o adestrador do Club quen a recolleu.
Por último Diego Piña no nome dos seus compañeiros  agradecía a  recepción no Concello  que dicía é moi gratificante para eles, e anunciaba que seguirán intentando lograr novos éxitos.
in Galicia Suroeste

Sem comentários:

Enviar um comentário