O Martes 14 de Xuño tivo lugar a Presentación de Aloiada 2011 no Salón de Plenos do Concello de Tui. Esta actividade se desenvolverá os días 16 e 17 de Xuño no Monte Aloia e Galiñeiro para uns 90 rapaces en idade escolar dos Colexios CEIP Nº1 e Nº2 de Tui.
No acto de presentación, estiveron presentes o recentemente elexido alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez Pérez, o Director do CEIP Nº2 de Tui, Sr. Jesús Beamonte e os coordinadores da actividade, Beatriz González, Mª Carmen Seves e José Alberto López.
Os máis de 90 rapaces participantes gozarán de dúas xornadas de actividades na natureza nos Montes Aloia e Galiñeiro e no Río Miño, realizando, entre outras, sendeirismo, rappel, tirolina e piragüismo. Ademáis no Albergue xuvenil do Monte Aloia montaránse as tendas de campaña para durmir a noite do xoves.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
1ª Xornada: Día 16 de Xuño de 2011.
- 9:30h Saída en Autobús dende o CEIP Nº2 ata o Parque Natural do Monte Aloia.
- 10:00h Chegada o Albergue Xuvenil, descarga de mochilas, tendas de campaña, sacos, vituallas...
- 10:30h Seguir a viaxe en autobus ata ás inmediacións do Monte Galiñeiro
- 11:00h Subida ata a ladeira do monte Galiñeiro
- 11:45h Tempo de descanso para merendar
- 12:15h Inicio de actividades de Escalada, Rappel, Orientación, Primeiros Auxilios, etc.
- 14:30h Tempo para comer e descansar
- 15:30h Continuación das actividades de Escalada, Rappel, Orientación, Primeiros Auxilios, etc.
- 17:30h Tempo de merendar
- 18:00h Inicio Ruta de Sendeirismo dende o Monte Galiñeiro ata o Monte Aloia
- 21:00h Chegada o Monte Aloia
- 21:15h Montado de tendas de Campaña e organización de equipaxes
- 22:30h Cea
- 23:30h Actividade nocturna (de 22:00-23:00 momento para chamar a casa)
- 00:00h A dormir
2ª Xornada: Día 17 de Xuño de 2011
- 8:00h Toque de Diana
- 9:00h Almorzar
- 9:45h Recollida de Tendas e organización de material
- 11:00h Inicio de Ruta de Sendeirismo polo monte con dirección a: Cabanas, Arboreto, Rego de Pedra, e alto dos Cubos
- 13:00h Visita o muíño de Alberto Romer ainda en funcionamento
- 14:30h Comida nos Muíños do Tripes(Circos)
- 15:30h Continuar ata o clube de remo e piragüismo
- 17:00h Actividades acuáticas nas inmediacións do clube de Piragüismo Kayak Tudense
- 19:30h Chegada e temate das xornadas no CEIP Nº1.
in INFOMINHO
Sem comentários:
Enviar um comentário