quarta-feira, 26 de outubro de 2011

204 VEHICULOS FORON INSCRITOS NO PADRON MUNICIPAL DE VEHÍCULOS DO CASCO HISTÓRICO


Logo de rematado, a finais do pasado mes de setembro, o período de inscrición de vehículos cuxos propietarios residan no conxunto histórico de Tui foi solicitada a inscrición de 204 vehículos de residentes neste enclave tudense.
Para os concelleiros responsable do conxunto histórico, Nicolás Lorenzo Montes, e de tráfico, Ángel Gutiérrez González, este é o primeiro paso do proceso de peonalización do casco monumental tudense no que está empeñado o goberno municipal. Ao contar con este padrón é posible acometer un estudio sobre o regulamento do tráfico rodado neste área histórica que favoreza a accesibilidade dos veciños ao seu lugar de residencia e que regule, incluso, os lugares de estacionamento. Na actualidade o Concello está valorando o procedemento de control de acceso dos residentes para que o sistema adoptado non supoña un atranco na mobilidade dos veciños.
Esta medida é unha das iniciativas que promove o Concello de Tui para a conservación e valorización do conxunto monumental da nosa cidade. Xunto a ela nos últimos tempos, se levan realizado diversas accións puntuais como a creación de áreas axardinadas na zona do Náutico, a limpeza das murallas e de pintadas, etc. namentres que continúa a bo ritmo o traballo de elaboración do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, que tras o acordo da Consellería de Medio Ambiente, de non sometelo á avaliación ambiental estratéxica, pode iniciar axiña a súa tramitación administrativa unha vez que a empresa redactora entregue a súa proposta inicial.

Sem comentários:

Enviar um comentário