segunda-feira, 24 de outubro de 2011

MAÑA MARTES PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL VÁZQUEZ DE LA CRUZ “O PUNTEIRO”


Mañá martes, 25 de outubro, terá lugar a presentación do libro recentemente editado de Manuel Vázquez de la Cruz titulado “O Punteiro” e que recolle unha escolma do artigos que periodicamente publica na sección homónima do suplemento comarcal do Baixo Miño do xornal “Faro de Vigo”.
Acompañaran ao autor neste acto de presentación José Manuel Cousido (“Petote”) promotos da edición desta obra e Ángel Vázquez de la Cruz, médico e que recentemente editou un libro de relatos “Luz de Tebra” cun gran éxito de crítica e de lectores.
Manuel Vázquez de la Cruz, é un enxeñeiro técnico agrícola tudense, e promotor de múltiples iniciativas de caracter social e cultural na nosa cidade e en numerosos lugares da Península Ibérica. Esta publicación foi un agasallo que os seus amigos acordaron realizar, hai un par de meses, para celebrar o seu 75 aniversario.
O interese das crónicas recollidas nesta obra, que abranguen dende 1995 ata o ano 2011, son unha testemuña da vida tudense nunha columna de opinión seguida por moitos lectores do xornal “Faro de Vigo”. Este acto de presentación terá lugar na Sala Felix Rodríguez (edificio Área Panorámica – entrada polo aparcamento municipal) o martes 25 de outubro ás 20,00 horas.
Esta actividade abre a programación da “Semana da Biblioteca” que organizada polo centro bibliotecario tudense, para conmemorar o “Día da Biblioteca” (24 de outubro) e abrangue un amplo programa de actividades centradas na promoción do libro e a lectura.
Este programa comprende amais as seguintes actividades
  • Mércores 26: contacontos e kamishibai na Biblioteca ás 17,30 h.
  • Xoves 27: tertulia cos Premios da Critica 2010 en lingua galega: Victor F. Freixanes e Marga do Val – 20,00 h. Sala Felix Rodríguez
A celebración do “Día da Biblioteca” é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta efeméride para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades e para favorecer o coñecemento pola opinión pública do traballo que realizan estes centros culturais. Amais, a concelleira de cultura de Tui, Vanesa Rodríguez Pérez, salienta como con esta presentación o centro bibliotecario tudense segue traballo a prol da difusión da obra dos autores locais, como é neste caso Manuel Vázquez de la Cruz.

Sem comentários:

Enviar um comentário