quinta-feira, 13 de outubro de 2011

A AULA DA UNED DE TUI ABRE A MATRICULA PARA O CURSO DA UNED SENIOR: INGLÉS I


A aula da UNED de Tui informa que o próximo 28 de outubro comezará un curso de inglés en nivel I para maiores de 45 anos, con independencia da formación académica que posúan.
O prezo do primeiro cuadrimestre é de 50€.  A clases prolongaranse ata o 17 de febreiro cun total de 30 horas lectivas. Os interesados poden acadar máis información na Aula da UNED de Tui na antigo convento de Santo Domingo ou no teléfono 986 60 51 50.
A matrícula é exclusivamente on-line a través da seguinte páxina web: http://www.extensionuned.es/actividad/2968. O prazo está aberto ata completar o número de prazas sendo imprescindible para realizar a actividade contar cun número mínimo de 18 matriculados.
Os obxectivos das actividades da Uned Senior, dirixidas á maiores de 45 anos, son:
- ofrecer información sobre temáticas de interese xeral coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida
- proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral da persoa e a súa autonomía
- favorecer a comunicación a través das relacións interpersoais e o encontro interxeracional.
As actividades da Uned Senior comezaron a realizar na Aula Universitaria de Tui no pasado curso escolar con senllos cursos de inglés e de achegamento ao patrimonio cultural de Valença e Tui. Estas actividades desenvolvéronse cunha aceptable participación de alumnos, polo que resulta de interese continuar con esta oferta de formación para os veciños de Tui e a súa bisbarra.
Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración deste curso da Uned Senior, que será complementado con novas accións formativas en breve prazo, consolida a presenza da Aula Universitaria da Uned en Tui que coa súa oferta de actividades abrangue a formación regrada, a través do curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pero tamén unha formación non regrada como son estes cursos que enriquecen a oferta de formación do noso municipio.

Sem comentários:

Enviar um comentário