A Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela ao acto de constitución da “Rede de Dinamización Lingüística” promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A Rede de Dinamización Lingüística é unha asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción da lingua galega, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa que busca favorecer a colaboración, a coordinación e as accións de fomento do uso do galego desde o ámbito local.
Esta iniciativa pretende que os concellos participen activamente nos programas da rede e, polo tanto, contarán con actividades que se programen desde ela, sen prexuízo das que promovan por iniciativa propia. Así mesmo, daráselles unha visibilidade global ás actividades, de maneira que a súa actuación logrará unha repercusión para toda Galicia. Entre as súas primeiras accións, inclúese un programa específico destinado a mozos e que fará fincapé na promoción de actividades deportivas e de tipo cultural, orientadas a este sector poboacional.
A idea de fondo desta nova ferramenta de dinamización lingüística consiste na colaboración entre o Goberno da Comunidade e os entes locais. Un xeito de traballar baseado na integración que busca, segundo apuntaron fontes da Secretaría de Política Lingüística, “impulsar o intercambio de experiencias, evitar duplicidades e visualizar as actuacións postas en marcha polos seus membros”.
Entre os cometidos do proxecto destaca tamén a posibilidade de dar lugar a unha estratexia de planificación lingüística que permita por en funcionamento medidas comúns para o conxunto do territorio galego. Asemade, a rede proporcionará un marco de formación aos profesionais dos servizos lingüísticos e tamén doutros sectores participantes neste eido.
O Concello de Tui leva anos traballado na promoción da lingua galega na súa actividade diaria e de xeito transversal nas numerosas actividades que desenvolves as súas diversas áreas e departamentos. A participación esta Rede de Dinamización Lingüística é unha oportunidade, apunta a concelleira tudense, para afondar neste traballo de impulso do uso e dinamización da nosa lingua entre os veciños dos noso municipio.
Sem comentários:
Enviar um comentário