segunda-feira, 3 de outubro de 2011

CURSO DE CASTELÁN PARA MULLERES ESTRANXEIRAS DO CONCELLO DE TUI


A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa, a través da súa responsable a concelleira Raquel Lorenzo Pimentel, que, dende a Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, vaise desenvolver un curso de castelán no que participarán 12 mulleres estranxeiras de do municipio.
O curso comezará mañá martes, 4 de outubro, e rematará o día 13.
Esta actividade conta cunha parte de financiamento do Ministerio de Traballo e Inmigración e da Secretaría Xeral da Emigración, e con ela preténdese favorecer a integración social das mulleres inmigrantes que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, agravada pola barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

Sem comentários:

Enviar um comentário