O Concello de Tui vai brindar o próximo luns, 24 de outubro, unha recepción aos tres padeeiros do Club Kaiak Tudense, que está na participar no Campionato do Mundo de Piragüismo que se está a celebrar en Singapur.
Trátase de Manuel Garrido , que esta madrugada lograba por terceiro ano consecutivo o título de Campión do Mundo en c1 sub 23, a Iván Alonso que compite mañá sábado en K1 e a Ramón Ferro que o domingo xunto a Manuel Garrido compite en C2.
A recepción será ás 13.30h no vello pavillón de deportes, onde estarán presentes máis de 600 nenos e nenas dos distintos centros educativos de Tui, que foron convidados ao acto xunto a distintos clubs e asociacións do municipio. Dende o Concello convidan tamén ao público a asistir a este recibimento a estas mundialistas o próximo luns.
A cita é a partir ás 13.15h para ter o pavillón cheo á chegada dos deportistas prevista para ás 13.30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário