segunda-feira, 17 de outubro de 2011

O ALCALDE DE TUI RECIBE AOS CORREDORES DO PROXECTO “1 EURO POR KM - SOS CORNO DE AFRICA”



O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañados de varios concelleiros do grupo de goberno e de case trescentos alumnos dos centros de ensino de Tui recibiron na Praza de San Fernando aos corredores que participan na carreira solidaria “1 euro por qm – SOS Corno de África” que culminaban diante da Catedral tudense a segunda etapa do seu percorrido.
Cerca de 300 alumnos de diversos centros educativos tudenses (Colexio Rural Agrupado, CEIP nº 2, etc.) ateigaban a céntrica praza do casco vello tudense para dar a benvida aos corredores. En nome de todos o alcalde de Tui saudaba aos atletas e os felicitaba por esta iniciativa de solidariedade cos pobos africanos para loitar contra a fame e o subdesenvolvemento.
Trátase dun proxecto que aspira a percorrer España realizando unha carreira por relevos que tenta recadar fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono da comunidade internacional diante da traxedia que sucede no chamado “Corno de África”.
Hoxe foron 15,2 km os realizados entre a Praza do Concello de Tomiño e a cidade de Tui. Un percorrido que vivirá unha nova etapa mañá entre Tui e O Porriño cubrindo os 15,3 quilómetros de distancia. Esta carreira iniciada na Guarda onte, domingo 16 de outubro, rematará o vindeiro sábado 29 de outubro en Verín.
Maña mércores está prevista a saída da terceira etapa entre Tui e O Porriño ás 11,00 horas diante da Casa do Concello tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário