terça-feira, 4 de outubro de 2011

Panamesiana Teatro achega este venres unha aventura para nenos a partir de 3 anos


“Oh, qué bonito é Panamá” está dirixida por Petra Hofmann Será a partir das 20h no Teatro Municipal. As entradas custan 3 e 2 euros.
 Dentro de programación cultural organizada pola Concellería de Cultura de Tui este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a representación da obra “Oh, qué bonito é Panamá” a cargo de Panamesiana Teatro. A obra, con 50 minutos de duración, vai dirixida a público familiar a partir dos tres anos.
 Os protagonistas de “Oh, qué bonito é Panamá” son Oso Pequeno e Tigre Pequeno que viven nunha casiña-caravana á beira dun lago. Un día tras atopar unha caixa con olor a plátano  que leva inscrita a palabra “Panamá” de deciden emprender a súa viaxe, e aí comeza a aventura.
 Panamesiana Teatro con “Oh, qué bonito é Panamá”
Data: Venres, 7 de outubro, ás 20h
Lugar: Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica
Entradas: 3€ e 2€
Á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.  

Sem comentários:

Enviar um comentário