quinta-feira, 6 de outubro de 2011

A orquestra e coro Gaos interpretará o Requiem de Mozart


Será o domingo ás 19.30h na Catedral de Tui Forma parte do Ciclo de concertos nas catedrais galegas
A Catedral de Tui acolle este domingo ás 19.30h un concerto da Orquestra e Coro Gaos enmarcada no Ciclo de concertos nas Catedrais Galegas organizada pola Consellería de Cultura enmarcado na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011.
A Orquestra e o Coro Gaos, unha das formacións musicais máis nova, activas e con maior proxección de Galicia,  interpretará a ‘Misa de Réquiem en re menor’, de Wolfgang Amadeus Mozart, unha peza que se ten convertido nunha referencia inescusable da música sacra. Esta formación está dirixida por Fernando L. Briones  e actuarán como solistas Carmen Subrido, soprano, Nuria Lorenzo, mezzosoprano, Francisco Corujo, tenor e Borja Quiza, barítono.
Misa de Réquiem en re menor, K626W. A. Mozart
Orquesta e Coro Gaos

Fernando L. Briones, director
Carmen Subrido, soprano
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
Francisco Corujo, tenor
Borja Quiza, barítono
I. INTROITUS
Requiem
II. KYRIE
III. SEQUENZ
nº 1 Dies irae
nº 2 Tuba mirum
nº 3 Rex tremendae
nº 4 Recordare
nº 5 Confutatis
nº 6 Lacrimosa
IV. OFFERTORIUM
nº 1 Domine Jesu
nº 2 Hostias
V. SACNTUS
VI. BENEDICTUS
VII. AGNUS DEI
VIII. COMMUNIO
Data: Domingo, 9 de outubro, ás 19.30h
Lugar: Catedral de Tui
Entrada libre
Máis información en www.orquestagaos.com/

Sem comentários:

Enviar um comentário