Para rematar coa programación de actividades da “Semana da Biblioteca” mañá xoves 27 de outubro á Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza unha tertulia literaria na que participarán Victor F. Freixanes e Marga do Val, ambos galardoados co Premio da Crítica Española 2011, na modalidade de lingua galega, pola novela “Cabalo de ouros” e o poemario “A cidade sen roupa ao sol” respectivamente, como as mellores obras editadas na nosa lingua no pasado ano 2010.
No decurso desta tertulia cada un dos autores falará nomeadamente da obra do seu compañeiro; Victor F. Freixanes do libro de poemas de Marga do Val e esta da novela “Cabalo de ouros”, sen renunciar a calquera outra referencia ao panorama da nosa literatura.
Este acto comezará mañás xoves ás 20,00 horas na sala Feliz Rodríguez González, no edificio Área Panorámica de Tui (rúa Colón, 2 – entrada polo aparcamento municipal).
Sem comentários:
Enviar um comentário